A Liga xa rematou

10 de marzo de 2007 por soutelo

Por fin, rematou a liga 2007. Os campións son: Yerar na categoria de Ouro e Adrian Gemelo na categoria de Prata.

 

O podium de primeira quedou finalmente 1º Yerar, 2º Maikel e 3º David. O podium de segunda quedou 1º Adrian G. 2º Iván e 3º Zorrilla.

 

O campionato de Yerar considerase coma un fracaso do xogo bonito de Maikel. O ascenso de Zorrilla concretouse nos despacho coma tiña que ser, por imperativo legal.

 

Descenden Mito (retirase por depresión) e Chavi. Os dous estan sendo investigados pola federación pola presunta compra de un partido na fase previa.

La liga esta caliente

11 de diciembre de 2006 por soutelo

A liga esta moi quente, Maikel contra pronostico perde contra Darriba e contra Cris. Na enquisa segue mandado Yerar que lle costou gañar a Gus.

 

Por abaixo, Chavi e Moa cada vez estan mais metidos no pozo, e o seu descenso esta cada vez mais cerca.

 

En segunda, de momento as cousas estan moi duras e hai seis equipos na pomada do ascenso, onde parace que Paquiño cada vez mais se esta descolgando.

 

E a todo isto, Mito sin aparecer.

 

Pero todo non vai ser malas noticias. Cassano esta cada vez mais perto de acadar o boton de ouro, segundo as votacions que se estan a celebrar no Portal do Asociado 

NOVO SERVICIO PRO ASOCIADO

23 de noviembre de 2006 por soutelo

A Federacion coa sua idea de seguir avanzando acaba de crea o portal do Futbol de Mesa con Bot�n, coma unha comunidades virtual onde os amantes deste xogo poden darse de alta como socios, dispor de correo electronico, chatear comentando as noticias sobre botons, realizar compra venta de xogadores, opinar, etc.

 

O portal esta aloxado en http://soutelo.blogcindario.com/

Empeza a liga

20 de noviembre de 2006 por soutelo

Por fin, comenzou a liga. Atrás queda a previa coa sorpresa da baixada os infernos de Zorrilla e o escandalo da permanencia de Chavi en Primeira división por “imperativo legal”

http://soutelo.blog.galeon.com/img/recorte.jpg

As primeiras xornadas indican que a primeira división non ten favoritos e que en segunda a presencia de Zorrilla no inferno é efimera. 27 equipos están prepadados para loitar polos titulos.http://soutelo.blog.galeon.com/admin/archivos/smile.gif

 

A Festa vai empezar

31 de octubre de 2006 por soutelo

Falta pouco pra comenza-la superliga, falta a derradeira xornada da premier pra clarificar a primeira e a segunda división.

 

Ilustres coma Paco, Maikel ou Alex xa teñen asegurado o seu posto na primeira división.

 

Outros coma Darri, Zorrilla, Yerar ou Mito están na corda floxa.

 

Desauciados xa temos a Chavi ou Truit.

 

As sorpresas son Kiko e SuperCris.

 

O doce de novembro celebrase o sorteo. A tensión esta servida.

SUPERLIGA 06-07

22 de septiembre de 2006 por soutelo

Xa comenzou a SUPERLIGA 2006-07, cun total de 25 participantes. A liga disputarase en dúas fases.

http://soutelo.blog.galeon.com/img/ronaldo.jpg

¿Cantos goles promete nos botóns?

ULTIMA HORA:

Yerar só poido empatar co campión de Segunda División, ¿estamos ante o fin do “principe de Gales dos botóns”?

 

1ª COPA DA MAFIA

26 de julio de 2006 por soutelo

O día 23 de xullo, Yerar e Maykel disputaron un partido de botos con motivo de disputar un trofeo que compraron cos seus cartos e o cal non invitaron a naide a participar. A mafia en estado puro, un aplauso polo “jogo bonito”

 

http://soutelo.blog.galeon.com/img/marcos.jpg

 A Federación abreu expediente sancionador ós dous equipos.

Mundial de Botones

22 de mayo de 2006 por soutelo

Xa se fixo o sorte da segunda fase do mundial de fútbol con botóns, cos seguintes emparellamentos: http://galeon.com/soutelo/mundial.htm

 

Ademais comenzaron as retransmisión por Tele-Soutelo (Compañia de Televisión Pública da Republica Independente de Soutelo de Montes), coa retransmisión do partido Chavi-Mito. http://galeon.com/soutelo/tele1.htm

NOVAS DO MUNDIAL

15 de mayo de 2006 por soutelo

O pasado domingo 14 de maio, finou a primeira fase do mundial, quedando de 16 equipos eliminados. Entre as sorpresas de xogadores eliminados destacar a Alex, Porta, Troitiño, Paquiño e Carmelo.

 

http://soutelo.blog.galeon.com/img/nazareno.jpg

 Na foto aprecianse afeccionados de Presqueiras ó coñece-la eliminación do seu campión “Carmelo”

 

ABÓNATE A TELE-SOUTELO!!

15 de mayo de 2006 por soutelo

TELE-SOUTELO esta a retransmitir en exclusiva o Mundial Interparroquial de Botóns a desputar no espectacular estadio ”XILO STADIUM”. Colle sitio ou antenizar¡te porque xa comenzou a segunda fase e vaisevivir unhas xornadas históricas á que nin a sexta nin o Dixital Plus están convidados.

 

http://soutelo.blog.galeon.com/img/granfinal.jpg

  

TELE-SOUTELO chega ate onde ningunha outra canle pode adentrarse!!

 Toda a información en http://telesoutelo.galeon.com/